
Estamos encantados de vos anunciar que o vindeiro sábado estaremos ás 20:30 h en Sargadelos (Lugo).
É o noso primeiro concerto na Mariña, así que aproveitade os do Norte para vos acercar!


Estamos encantados de vos anunciar que o vindeiro sábado estaremos ás 20:30 h en Sargadelos (Lugo).
É o noso primeiro concerto na Mariña, así que aproveitade os do Norte para vos acercar!
Na nosa sección para explicar as fontes musicais do noso repertorio gústanos contrastar os nosos arranxos e interpretacións coas gravacións orixinais ou outras versións dos mesmos temas, para os curiosos que teimen en afondar no estilo do grupo, os nosos referentes e o proceso creativo. Tamén para que quen lle preste tocar algún tema noso, poida diferenciar a nosa pegada persoal e beber da fonte orixinal.
A muiñeira que chamamos de Vilaquinte, no arranxo Argomoso, aprendímola dunha interpretación en acordeón piano por Ramón Fernández, de Vilaquinte (Lugo). Foi gravado na Arxentina en cassette fai para vinte anos polo etnomusicólogo Norberto Pablo Cirio.
Fixemos a nosa particular versión e arranxo que aparece na pista 10 do cd e no vídeo do grupo
Fai pouco escoitamos a versión do mesmo tema, titulada Muiñeira de Gerardo, do repertorio da Orquestra dos Padernes do Caurel, interpretada polo grupo Airiños da Freba, cun son máis parello ao que serían as interpretacións de gaiteiros e formacións máis tradicionais. Este grupo revive o son das orquestras e pequenas bandas lucenses cunha calidade e variedade absolutamente espectacular! Non deixedes de escoitala, que vos preste 🙂
tamos felices de que o pasado mes de Setembro 2022 TOR acabamos de entrar por primeira vez no TOP Global de Ethnocloud, co noso tema «Argomoso» no posto 17. Esta plataforma dixital radicada en Canadá está especializada en música folk e Músicas do Mundo e conta con grupos e programadores de todo o mundo.
E na Lista do TOP40 West European «Argomoso» acada o 3º posto e «Pasacorredoiras» o 7º !
Non deixedes de visitar Ethnocloud para coñecer propostas musicais moi variadas, a través dos seus vídeos, cds, e blogs
Acabamos de subir o dossier 2022 en inglés
We have just uploaded the TOR dossier 2022 in english language here ! or in the main menu, at the top of the web page.


o vindeiro venres 11 de Marzo imos a Lugo! E teremos algún convidado especial, non volo perdades!


A revista galega de cultura Tempos Novos acaba de publicar unha reseña ao cd de TOR, moitas gracias a Carlos Rego e os editores! E un honor compartila con Caamaño & Ameixeiras!
Un dos grandes gaiteiros dos que TOR interpreta temas é Xosé Ramón Fernández. Del incluímos tres muiñeiras e unha marcha procesional no noso CD «TOR-Folk Céltico da Galiza» (Inquedanzas, 2020). A Xosé Ramón, nado en Vilaquinte-Cervantes (Lugo), e emigrado á Arxentina moi xoven, coñecímolo gracias ao gran investigador e antropólogo Norberto Pablo Cirio, que o gravou nos anos 90 naquel país.
Neste vídeo documental que acaba de subir Norberto Pablo Cirio a Youtube, podédelo ver a partir do minuto 7:56 interpretando unha muiñeira, que nós incluimos no set «Vilar».

Norbeto Pablo tamén publicou diversos traballos sobre José Ramón, como este dipoñible en Academia.edu «Recordando a Galicia y Asturias desde Argentina» , que podedes descargar para coñecer máis sobre a súa música e vida.
Actualizamos o dossier de TOR para 2022, incluindo as diversas propostas escénicas, «TOR Folk Céltico da Galiza» (cuarteto) e «TOR e convidados, Folk Céltico da Galiza».
Nela incorporánse os colaboradores do CD Angel Ruiz (Banjo) o tocador de banjo máis recoñecido do panorama español (participa con Nacho Vegas, Paula Rojo, El Sueño de Morfeo en Eurovisión, etc.) e gañador de varios premios internacionais de banjo en Nashville-USA; Pancho Alvarez (violín), recoñecido músico folk galego. Participan ademais tres convidados de excepción: Soco Rúa (pandeireta), e Lucía Cedrón e David Leadbeater, baile.
A súa incorporación aporta un maior dinamismo e beleza ao espectáculo!

Podedes descargalas en galego e castellano na cabeceira na páxina ou nos seguintes enlaces



Tamos contentos de vos comunicar que TOR co tema «Alboradas» acadou no mes de Decembro o 2º posto da lista TOP 40 tracks-West European en Ethnocloud, plataforma colaborativa dixital de World Music e étnica radicada en Toronto-Canadá.
E na sección de vídeos, ocupamos os postos 3 e 4 no TOP 40 videos-West European nada menos, coas magníficas producións de Beabesada Estudios: «Cachoupiño» e «Argomoso»!
Gracias a todos/as polo voso continuo apoio. A polo 2022 !
https://www.facebook.com/EthnoCloud/
