

A revista galega de cultura Tempos Novos acaba de publicar unha reseña ao cd de TOR, moitas gracias a Carlos Rego e os editores! E un honor compartila con Caamaño & Ameixeiras!



A revista galega de cultura Tempos Novos acaba de publicar unha reseña ao cd de TOR, moitas gracias a Carlos Rego e os editores! E un honor compartila con Caamaño & Ameixeiras!
Un dos grandes gaiteiros dos que TOR interpreta temas é Xosé Ramón Fernández. Del incluímos tres muiñeiras e unha marcha procesional no noso CD «TOR-Folk Céltico da Galiza» (Inquedanzas, 2020). A Xosé Ramón, nado en Vilaquinte-Cervantes (Lugo), e emigrado á Arxentina moi xoven, coñecímolo gracias ao gran investigador e antropólogo Norberto Pablo Cirio, que o gravou nos anos 90 naquel país.
Neste vídeo documental que acaba de subir Norberto Pablo Cirio a Youtube, podédelo ver a partir do minuto 7:56 interpretando unha muiñeira, que nós incluimos no set «Vilar».

Norbeto Pablo tamén publicou diversos traballos sobre José Ramón, como este dipoñible en Academia.edu «Recordando a Galicia y Asturias desde Argentina» , que podedes descargar para coñecer máis sobre a súa música e vida.
Actualizamos o dossier de TOR para 2022, incluindo as diversas propostas escénicas, «TOR Folk Céltico da Galiza» (cuarteto) e «TOR e convidados, Folk Céltico da Galiza».
Nela incorporánse os colaboradores do CD Angel Ruiz (Banjo) o tocador de banjo máis recoñecido do panorama español (participa con Nacho Vegas, Paula Rojo, El Sueño de Morfeo en Eurovisión, etc.) e gañador de varios premios internacionais de banjo en Nashville-USA; Pancho Alvarez (violín), recoñecido músico folk galego. Participan ademais tres convidados de excepción: Soco Rúa (pandeireta), e Lucía Cedrón e David Leadbeater, baile.
A súa incorporación aporta un maior dinamismo e beleza ao espectáculo!

Podedes descargalas en galego e castellano na cabeceira na páxina ou nos seguintes enlaces



Tamos contentos de vos comunicar que TOR co tema «Alboradas» acadou no mes de Decembro o 2º posto da lista TOP 40 tracks-West European en Ethnocloud, plataforma colaborativa dixital de World Music e étnica radicada en Toronto-Canadá.
E na sección de vídeos, ocupamos os postos 3 e 4 no TOP 40 videos-West European nada menos, coas magníficas producións de Beabesada Estudios: «Cachoupiño» e «Argomoso»!
Gracias a todos/as polo voso continuo apoio. A polo 2022 !
https://www.facebook.com/EthnoCloud/


Comprácenos anunciarvos o concerto de TOR dentro dunha semana no Teatro Coliseo de Éibar, Guipúzcoa.
Será o vindeiro venres día 22 de outubro ás 20 h. A primeira saída do grupo fora da Galiza!
Participarán convidados moi especiais: Pancho Alvarez ao violino, Angel Ruiz ao banjo, Soco Rúa coa pandeireta e Lucía Cedrón e David Leadbeater de parella de baile.
E ademais, a agrupación Os Galaicos da Casa de Galicia de Éibar.
As entradas (5 €) xa están á venda en:
Folk kontzertua: Tor folk + gonbidatuak + Os Galaicos – Kulturklik (euskadi.eus)
Concierto Folk: Tor folk + invitados + Os Galaicos – Kulturklik (euskadi.eus)
Estamos emocionadísimos e seguro que será un concerto precioso!
Precioso concerto o sábado 25 no centro Cívico Parada Justel de Esgos (Ourense). Desfrutamos moito acompañados cos maravillosos/as Angel Ruiz Banjo, Soco Rúa pandeireta, Lucía Cedrón e David Leadbeater baile. Moi arroupados cun público entregadísimo ![]()
Moitas gracias a Camilo Rodríguez, ao concello de Esgos e o seu alcalde Mario Rodríguez, e á rede de Auditorios da provincia de Ourense, por coorganizar este concerto.
Deixámosvos un vídeo gravado polo amigo Ricardo Coronel, un pupurrí dos novos que preparamos nos propios directos: Muiñeiras de Ambite, das Duruchas (composición de Xosé Liz), e de Vilarmide (do repertorio de Desiderio )!
Mellor escoitádea con auriculares