Blog

Tor na Arca da Noe

Acceso á galería

O 5 de xullo comezamos a xira de verán de TOR na Arca da Noe de Vilar de Santos, nun enclave agarimoso e ben amparados de amigos/as e familia! Todo elo dentro da programación da Rede de Músicas ao Vivo do AGADIC.

Un inmenso pracer, que podemos compartir con vós nesta preciosa escolma de fotografías de Mark Ritchie, o noso fótografo oficial.

Non deixedes de visitar a súa páxina www.markritchiefotografo.com

(Pregámosvos que se alguén precisase alguna fotografía para uso comercial, nolo solicite e vos poñemos en contacto con Mark Ritchie )

Podedes ver tamén a gravación do directo que se emitiu nestoutro enlace

Novas datas

Despois da cancelación por mor do estado actual das actuacións previstas para abril e maio, podemos anunciar que se están a reprogramar novas datas (o concerto no café Cultural Auriense de mañá día 30 de maio e o da Arca da Noe, de 5 de xuño, foron atrasados).

A primeira data que temos de momento sinalada é a Arca da Noe, o 5 de xullo

Pero non estivemos parados nestes meses. O disco xa está listo, nas vindeiras semanas estará nas plataformas dixitais. Terémosvos avisados cumpridamente

Primicia TOR 2020 3/4s

3/4s Primicia Album TOR 2020

En primicia do noso primeiro album TOR 2020! presentamos un pupurrí de 3/4s, composto por un 3/4 do Cancioneiro de Bal y Gay, unha xotica portuguesa que aprendimos dunha cassette vai para máis de dez anos, e unha mazurca dos Irmáns Moreiras

Primeiras datas 2020

Nesta semana pechamos as primeiras datas de 2020 serán no Barco de Valdeorras pola Rede de Auditorios da Deputación de Ourense o 24 de Abril, e na Arca da Noe pola Rede Galega de Músicas ao Vivo o 5 de xuño, iremos avisando de novos concertos

¡Tor, Tor! de Antón Tovar

Este verán quedamos enamorados da forza, sensibilidade e e fonda expresión do poeta galego Antón Tovar, que vos recomendamos.

Nas súas poesías vai da man a beleza, a paixón, a tristura, a desesperación desacougante, É moi difícil describir os sentimentos encontrados que produce a súa lectura.

No seu libro «A grande ilusión e outros contos» (Galaxia, 1989) inclúe o relato «Unha hora humana«. Cóntanos o que acontece tras dar as seis da tarde no reloxio da catedral de Ourense, nun día de outono: A un oficinista, ao mozo de dezaoito anos, a un xornalista, a un home vedraño, dous tolos de Toén, a Salvador, ao vello poeta… e tamén a un rapaz de cinco aniños ledos.

Despois de darlle esoutro día tantas voltas á posibles orixes do nome de TOR, eís o tedes: Se nos volven preguntar, o nome do grupo ven do pastor alemán que enchía de ladros e alegrías ao rapaz de cinco aniños dos contos de Antón Tovar.

Tor nos telexornais de TVE-Galicia

Onte luns 25 emitiron nos telexornais da Televisión Española TVE – Galicia unha pequena entrevista presentando o noso novo grupo TOR Folk Céltico da Galiza. Tivemos oportunidade de explicar a instrumentación do grupo, e as sonoridades e arranxos sobre o repertorio dos vellos gaiteiros aos que fixemos gravacións. Moitas gracias a Domingo Bobillo por interesarse sempre no noso traballo e darnos esta posibilidade! aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos

TOR no Telexornal de TVE – Galicia 2

Presentación de TOR nos dous telexornais na Televisión TVE – Galicia: Telexornal 2 / Presentación de TOR en los telediarios de TVE-Galicia: Telediario 2 / Introducing TOR in the TV News TVE-Galicia today

Publiée par Tor sur Lundi 27 mai 2019
TOR no Telexornal de TVE – Galicia 1

Presentación de TOR nos dous telexornais na Televisión TVE – Galicia: Telexornal 1. / Presentación de TOR en las dos ediciones del Telediario de TVE – Galicia: Telediario 1. / Introducing TOR today in the TV News. TVE-Galicia.

Publiée par Tor sur Lundi 27 mai 2019

Kallaikos Revve

O amigo Paco Boluda, grande inspirador do noso traballo, ideou a a nove fonte tipográfica «Kallaikos Revve» que aparece nos títulos do vídeo, baseada na epigrafía galaica céltica e deseñada e adaptada por Idoia de Luxán.

Está Inspirada na epigrafía que teñen as estatuas dos guerreiros de Santa Comba e Sâo Paio de Meixedo e é ideal para textos de cartazes e titulos de traballos. Nesta versión, as palabras, como nos textos epigraficos da época, van separadas por un puntiño a media altura.
Agardamos que vos goste iste agasallo de Paco Boluda e Idoa de Luxán.

https://fontlibrary.org/…/f…/kallaikos-revve-kallaikosrevve…


1

Tor en beabesada Homestudio!

O pasado 28 de marzo estivemos gravando en audio e vídeo un par de arranxos en beabesada Homestudio para a promoción do grupo. O resultado foi espectacular, a calidade do traballo de Diego e as facilidades e comodidade foron totais, e non podemos por menos que expresar o noso agradecimento e todas as recomendacións por este estudio

Só hai que vernos as caras de felicidade nas fotos ou nos vídeos  !

🙂

Traducir/Translate »