Blog

Concerto de Nadal na Uvigo TV


Neste enlace podedes desfrutar do concerto en directo mañá xoves a partir das 20 h
Libreto do CD en liña
Posiblemente sexades moitas persoas as que xa estades desfrutando do noso cd de presentación en liña nas plataformas dixitais.
Como todos os arranxos e melodías teñen unha razón de ser e unha historia detrás, aquí podedes descargar o libreto que acompaña ao cd físico para coñecer as historias e procedencias dos distintos temas. Edición bilingüe galego-inglés.

BSO Luarada

O sabado 3 de Outubro pasado presentouse no OUFF Festival de Cine de Ourense, a mediametraxe co traballo inicial do filme «Luarada».
Está dirixido por Oscar Doviso Zinemusik e busca unha aproximación rigorosa e histórica ao caso de Manuel Blanco Romasanta, coñecido como o Lobishome de Esgos, ou o Sacauntos, asasino en serie que foi causa célebre a mediados do s. XIX, xulgado e condenado polo asasinato de nove vítimas da zona de Rebordechao e Castro de Laza (Ourense).
Ademais de facer Cástor e Félix como asesores sobre a causa xudicial, Alvaro Iglesias xunto con TOR fixemos a banda sonora para este filme, baixo a dirección de Alvaro.
O sábado 3 presentouse o working progress na gala de clausura do OUFF, e onte 4 fíxose un visionado para o equipo técnico e colaboradores.
Estamos encantadísimos polo resultado, que está acadando moi boas críticas, e felicitamos a Alvaro Iglesias, como principal artífice desta banda sonora pola fermosura de traballo.
- Alvaro Iglesias: Dirección da música, contrabaixo
- Xosé Liz: Frauta
- Cástor Castro: Ocarinas
- Félix Castro: Concertina
Podedes desfrutar desta BSO en spotify aquí
E aquí o anuncio da mediametraxe
O filme está previsto para finais de 2021 pero por mor das circunstancias actuais previsiblemente se adiará. A BSO completa suporá tamén o segundo traballo discográfico de Alvaro Iglesias, neste caso coa participación de TOR.
Barco de Valdeorras 12/9

O vindeiro sábado 12 de setembro actuaremos a partir das 20 h no Barco de Valdeorras, co convidado especial Angel Ruiz, maestro do banjo de renome internacional, non volo perdades!
Cd de TOR dispoñible!

Dende o día 10 de agosto xa está dispoñible físicamente o cd de TOR! Recén chegado de fábrica, pasarémosllo á distribuidora este luns 17 e tedes varias opcións para facervos con el:
- Nos nosos concertos
- Adquirilo ou encargalo nos puntos de distribución de Inquedanzas Sonoras: tendas de discos e algunhas superficies comerciais (Corte Inglés, FNAC…)
- Na tenda en liña da distribuidora www.inquedanzas.com ou ao tlf 886115343
- ou a través da nosa páxina web ou correo tor.celtrad@gmail.com (aquí enviaremos os pedidos a partir do 1 de setembro)
Tor, Grupo da semana en Galician Tunes

A semana pasada TOR foi Grupo da Semana en Galician Tunes, o portal da música en galego.
Fixéronnos unha extensa entrevista, que podedes ler no seguinte enlace
Moitas grazas a todo o equipo de Galician Tunes pola súa amabilidade e atención!
Tor en Xunqueira de Ambía 15 de agosto

O próximo sábado 15 de agosto actuaremos en Xunqueira de Ambía (Ourense) a partir das 21 h, actividade programada dentro da rede de Auditorios da Deputación de Ourense.
E de mañá xa estaremos tamén cos Lubicáns de alborada ambientando a festividade.
Os discos por fin chegarán de fábrica o luns día 10 así que será unha boa oportunidade para asistir ao concerto de presentación do disco e poder desfrutar do disco recén saído do forno !
Queremos felicitar ao concello de Xunqueira de Ambía polo seu interese no noso proxecto, e por seguir programando actividades culturais nestes tempos tan complicados. Que a cultura non pare!
Tor en Inquedanzas Sonoras

Na semana que ven, podederemos disfrutar por fin do cd en formato físico, editado baixo o selo de Inquedanzas Sonoras!
Poderédelo mercar nos concertos, encargar nas vosas tendas de música habituais, ou na plataforma de www.inquedanzas.com
E como agasallo nada menos que o póster do Cronobecho, enxeño do Doutor Growia para viaxar a tempos e universos distintos e distantes. Deseño de Paco Boluda, o noso grande inspirador!









