Onte luns 25 emitiron nos telexornais da Televisión Española TVE – Galicia unha pequena entrevista presentando o noso novo grupo TOR Folk Céltico da Galiza. Tivemos oportunidade de explicar a instrumentación do grupo, e as sonoridades e arranxos sobre o repertorio dos vellos gaiteiros aos que fixemos gravacións. Moitas gracias a Domingo Bobillo por interesarse sempre no noso traballo e darnos esta posibilidade! aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos
Presentación de TOR nos dous telexornais na Televisión TVE – Galicia: Telexornal 2 / Presentación de TOR en los telediarios de TVE-Galicia: Telediario 2 / Introducing TOR in the TV News TVE-Galicia today
Presentación de TOR nos dous telexornais na Televisión TVE – Galicia: Telexornal 1. / Presentación de TOR en las dos ediciones del Telediario de TVE – Galicia: Telediario 1. / Introducing TOR today in the TV News. TVE-Galicia.
A TVG emitiu o 24/XII un programa especial Inimitables, uníndose á gran celebración da olaría tradicional de Niñodaguia que contou con algúns dos mellores grupos do actual panorama musical galego, e amosou algúns dos segredos dos cacharreiros Leer más…
Hoxe venres 25/XI ás 20:30 h TOR estaremos no Auditorio Manuel María do Carballiño colaborando musicalmente xunto co Coro de Cámara Música Viva, na XI Edición do Galardón A Arenteira. Como en anos anteriores, o obxecto de este acto e facer recoñecemento Leer más…
0 comentarios