TOR en Esgos 25/IX/2021: Muiñeiras
Precioso concerto o sábado 25 no centro Cívico Parada Justel de Esgos (Ourense). Desfrutamos moito acompañados cos maravillosos/as Angel Ruiz Banjo, Soco Rúa pandeireta, Lucía Cedrón e David Leadbeater baile. Moi arroupados cun público entregadísimo
Moitas gracias a Camilo Rodríguez, ao concello de Esgos e o seu alcalde Mario Rodríguez, e á rede de Auditorios da provincia de Ourense, por coorganizar este concerto.
Deixámosvos un vídeo gravado polo amigo Ricardo Coronel, un pupurrí dos novos que preparamos nos propios directos: Muiñeiras de Ambite, das Duruchas (composición de Xosé Liz), e de Vilarmide (do repertorio de Desiderio )!
Mellor escoitádea con auriculares
Concerto de Nadal na Uvigo TV


Neste enlace podedes desfrutar do concerto en directo mañá xoves a partir das 20 h
Tor nos telexornais de TVE-Galicia
Onte luns 25 emitiron nos telexornais da Televisión Española TVE – Galicia unha pequena entrevista presentando o noso novo grupo TOR Folk Céltico da Galiza. Tivemos oportunidade de explicar a instrumentación do grupo, e as sonoridades e arranxos sobre o repertorio dos vellos gaiteiros aos que fixemos gravacións. Moitas gracias a Domingo Bobillo por interesarse sempre no noso traballo e darnos esta posibilidade! aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos