TOR no posto 17 do Top40 Global de Ethnocloud!

tamos felices de que o pasado mes de Setembro 2022 TOR acabamos de entrar por primeira vez no TOP Global de Ethnocloud, co noso tema «Argomoso» no posto 17. Esta plataforma dixital radicada en Canadá está especializada en música folk e Músicas do Mundo e conta con grupos e programadores de todo o mundo.

E na Lista do TOP40 West European «Argomoso» acada o 3º posto e «Pasacorredoiras» o 7º !

Non deixedes de visitar Ethnocloud para coñecer propostas musicais moi variadas, a través dos seus vídeos, cds, e blogs

Novos dossier 2022 actualizados!

Actualizamos o dossier de TOR para 2022, incluindo as diversas propostas escénicas, «TOR Folk Céltico da Galiza» (cuarteto) e «TOR e convidados, Folk Céltico da Galiza».

Nela incorporánse os colaboradores do CD Angel Ruiz (Banjo) o tocador de banjo máis recoñecido do panorama español (participa con Nacho Vegas, Paula Rojo, El Sueño de Morfeo en Eurovisión, etc.) e gañador de varios premios internacionais de banjo en Nashville-USA;  Pancho Alvarez (violín), recoñecido músico folk galego. Participan ademais tres convidados de excepción:  Soco Rúa (pandeireta), e Lucía Cedrón e David Leadbeater, baile.

A súa incorporación aporta un maior dinamismo e beleza ao espectáculo!

Podedes descargalas en galego e castellano na cabeceira na páxina ou nos seguintes enlaces

Dossier 2022 castellano

Dossier 2022 galego

Velaquí temos o cartel deseñado polo xenial Paco Boluda, para animarvos a votar a TOR e aos grupos galegos nas distintas categorías!

Lembramos o proceso:

1º Rexístrate en www.premiosmin.com

2º Busca a TOR en «Mejor banda emergente» e «Mejor album de música de raíz»

Apoia aos teus grupos favoritos e desfruta da música, gracias por difundir!

Cd de TOR dispoñible!

Composición de Paco Boluda

Dende o día 10 de agosto xa está dispoñible físicamente o cd de TOR! Recén chegado de fábrica, pasarémosllo á distribuidora este luns 17 e tedes varias opcións para facervos con el:

  • Nos nosos concertos
  • Adquirilo ou encargalo nos puntos de distribución de Inquedanzas Sonoras: tendas de discos e algunhas superficies comerciais (Corte Inglés, FNAC…)
  • Na tenda en liña da distribuidora www.inquedanzas.com ou ao tlf 886115343
  • ou a través da nosa páxina web ou correo tor.celtrad@gmail.com (aquí enviaremos os pedidos a partir do 1 de setembro)

Tor en Inquedanzas Sonoras

Na semana que ven, podederemos disfrutar por fin do cd en formato físico, editado baixo o selo de Inquedanzas Sonoras!

Poderédelo mercar nos concertos, encargar nas vosas tendas de música habituais, ou na plataforma de www.inquedanzas.com

E como agasallo nada menos que o póster do Cronobecho, enxeño do Doutor Growia para viaxar a tempos e universos distintos e distantes. Deseño de Paco Boluda, o noso grande inspirador!

Novas datas

Despois da cancelación por mor do estado actual das actuacións previstas para abril e maio, podemos anunciar que se están a reprogramar novas datas (o concerto no café Cultural Auriense de mañá día 30 de maio e o da Arca da Noe, de 5 de xuño, foron atrasados).

A primeira data que temos de momento sinalada é a Arca da Noe, o 5 de xullo

Pero non estivemos parados nestes meses. O disco xa está listo, nas vindeiras semanas estará nas plataformas dixitais. Terémosvos avisados cumpridamente

¡Tor, Tor! de Antón Tovar

Este verán quedamos enamorados da forza, sensibilidade e e fonda expresión do poeta galego Antón Tovar, que vos recomendamos.

Nas súas poesías vai da man a beleza, a paixón, a tristura, a desesperación desacougante, É moi difícil describir os sentimentos encontrados que produce a súa lectura.

No seu libro «A grande ilusión e outros contos» (Galaxia, 1989) inclúe o relato «Unha hora humana«. Cóntanos o que acontece tras dar as seis da tarde no reloxio da catedral de Ourense, nun día de outono: A un oficinista, ao mozo de dezaoito anos, a un xornalista, a un home vedraño, dous tolos de Toén, a Salvador, ao vello poeta… e tamén a un rapaz de cinco aniños ledos.

Despois de darlle esoutro día tantas voltas á posibles orixes do nome de TOR, eís o tedes: Se nos volven preguntar, o nome do grupo ven do pastor alemán que enchía de ladros e alegrías ao rapaz de cinco aniños dos contos de Antón Tovar.

Traducir/Translate »