
TOR «Zira» en Lume na palleira con Emilio Españadero

Presentación de TOR «Zira» co amigo Emilio Españadero de Lume na Palleira o pasado 15-12-2024 na súa segunda hora en Compostela. Día para recordar, despois da masiva manifestación contra a desfeita de Altri!
Podedes escoitar o Podcast do programa no seu enlace de Ivoox
https://www.ivoox.com/player_ej_136934958_6_1.html?c1=691fd2
ou ben escoitar ou descargar a entrevista en mp3 directamente aquí
Textos de TOR «Zira» en galego e castelán
Subimos aquí o texto e deseño do noso novo CD en galego e castelán, para que
toda a xente que desfrutades da nosa música en dixital poidades tamén ler os
créditos e coñecer a procedencia dos temas
Proximamente subirémolos en inglés e francés.
Na edición física a caixa do CD está só en galego (que polo demáis non ten
maior problema de entendemento para toda a gran familia de linguas romances)
Novos singles adianto do novo CD «Zira»!
O día 4 de novembro sae nas principais plataformas dixitais dous temas do vindeiro CD do grupo, «Mareantes» e «Mazurcas», estade pendentes!

TOR na Teixeira (Ribeira Sacra, Ourense)

Este sábado 2 de novembro tedes unha excusa fantástica para desfrutar das marabillas da Ribeira Sacra, e de paso vir ao noso concerto e desfrutar do magosto popular, alí nos vemos!
Estamos gravando!
Comprácenos anunciar que comezamos o proceso de gravación do noso segundo CD!
Os pasados 12 a 15 de otubro desprazámonos a Casa Iglesias en Cira (Silleda-Pontevedra) onde en catro intensísimos días preparamos e gravamos os primeiros 6 temas.
Esperamos finalizalo en Xaneiro, e presentaremos a partir de Maio e na xira de verán de 2024




Optamos por gravar con varias tomas conxuntas, escollendo as mellores, para captar a enerxía dos concertos en directo, que pensamos ofrecerá unha maior frescura e potencia ao disco.









