
Hoxe confirmamos dúas novas datas para TOR pola RGMV:
30 de maio no Café Cultural Auriense de Ourense
5 de xuño na Arca da Noe de Vilar de Santos
Hoxe confirmamos dúas novas datas para TOR pola RGMV:
30 de maio no Café Cultural Auriense de Ourense
5 de xuño na Arca da Noe de Vilar de Santos
En primicia do noso primeiro album TOR 2020! presentamos un pupurrí de 3/4s, composto por un 3/4 do Cancioneiro de Bal y Gay, unha xotica portuguesa que aprendimos dunha cassette vai para máis de dez anos, e unha mazurca dos Irmáns Moreiras
Nesta semana pechamos as primeiras datas de 2020 serán no Barco de Valdeorras pola Rede de Auditorios da Deputación de Ourense o 24 de Abril, e na Arca da Noe pola Rede Galega de Músicas ao Vivo o 5 de xuño, iremos avisando de novos concertos
Este verán quedamos enamorados da forza, sensibilidade e e fonda expresión do poeta galego Antón Tovar, que vos recomendamos.
Nas súas poesías vai da man a beleza, a paixón, a tristura, a desesperación desacougante, É moi difícil describir os sentimentos encontrados que produce a súa lectura.
No seu libro «A grande ilusión e outros contos» (Galaxia, 1989) inclúe o relato «Unha hora humana«. Cóntanos o que acontece tras dar as seis da tarde no reloxio da catedral de Ourense, nun día de outono: A un oficinista, ao mozo de dezaoito anos, a un xornalista, a un home vedraño, dous tolos de Toén, a Salvador, ao vello poeta… e tamén a un rapaz de cinco aniños ledos.
Despois de darlle esoutro día tantas voltas á posibles orixes do nome de TOR, eís o tedes: Se nos volven preguntar, o nome do grupo ven do pastor alemán que enchía de ladros e alegrías ao rapaz de cinco aniños dos contos de Antón Tovar.
Onte luns 25 emitiron nos telexornais da Televisión Española TVE – Galicia unha pequena entrevista presentando o noso novo grupo TOR Folk Céltico da Galiza. Tivemos oportunidade de explicar a instrumentación do grupo, e as sonoridades e arranxos sobre o repertorio dos vellos gaiteiros aos que fixemos gravacións. Moitas gracias a Domingo Bobillo por interesarse sempre no noso traballo e darnos esta posibilidade! aquí vos deixamos os enlaces aos vídeos
O amigo Paco Boluda, grande inspirador do noso traballo, ideou a a nove fonte tipográfica «Kallaikos Revve» que aparece nos títulos do vídeo, baseada na epigrafía galaica céltica e deseñada e adaptada por Idoia de Luxán.
Está Inspirada na epigrafía que teñen as estatuas dos guerreiros de Santa Comba e Sâo Paio de Meixedo e é ideal para textos de cartazes e titulos de traballos. Nesta versión, as palabras, como nos textos epigraficos da época, van separadas por un puntiño a media altura.
Agardamos que vos goste iste agasallo de Paco Boluda e Idoa de Luxán.
https://fontlibrary.org/…/f…/kallaikos-revve-kallaikosrevve…
O pasado 28 de marzo estivemos gravando en audio e vídeo un par de arranxos en beabesada Homestudio para a promoción do grupo. O resultado foi espectacular, a calidade do traballo de Diego e as facilidades e comodidade foron totais, e non podemos por menos que expresar o noso agradecimento e todas as recomendacións por este estudio
Só hai que vernos as caras de felicidade nas fotos ou nos vídeos !
Pregúntanos moita xente de onde ven o nome do grupo, TOR. A verdade é que primeiro demos en elixir nomes cortos, de poucas letras, aos que estivemos buscando relacións de significado que nos encheran.
Significado 1:
Este nome conéctanos co Pazo de Tor, sito na parroquia de San Xoan de Tor, Monforte de Lemos, que construíu un cabaleiro da liñaxe dos Garza, aproximadamente no s. XIV. Anterior a el tería existido nun lugar próximo o castelo de Tor.
Tamén está relacionado afectivamente coas nosas teimas musicais, xa que precisamente da familia Taboada-Tor proveu a zanfoña favorita de Faustino Santalices coa que fixo as súas gravacións históricas no ano 1949.
O apelido podería ter a súa orixe na seguinte acepción
Significado 2
TOR: Formación rochosa acastelada. En xeomorfoloxía, denomina tamén un relevo residual por afloramentos de maior dureza, como o granito. O termo foi un préstamo á lingua inglesa dende as linguas celtas e así está
emparentado co córnico: Tor; Antigo galés : Twr; Gaélico escocés: tòrr, Celta antiguo: TORRa Montículo, outeiro fortificado.
Relacionado tamén pola orixe indoeuropea coa voz latina Turris, e con termos actuais como Torre, trono…
Significado 3
-TOR: Sufixo protoindoeuropeo polo que a partir do verbo creáse o substantivo que nomea a persoa que realiza a acción do verbo.
Derivou en linguas posteriores, Helénica: *-tōr; Grego antigo: -τωρ (-tōr); Indoiranio: *-tā; Indoario: *-tā; Sánscrito: -तृ (-tṛ) ; Itálico: *-tōr; Latín: -tor
E permanece nas linguas europeas actuais como –tor ou –dor (galego: construtor, autor etc)
(Castellano) ________________________________
Nos pregunta mucha gente de dónde viene el nombre del grupo, TOR. Realmente primero elegimos nombres cortos, de pocas letras, a los que después estuvimos buscando relaciones de significado que nos gustaran.
Significado 1:
Este nombre nos conecta con el Pazo de Tor, sito en la parroquia de San Xoan de Tor, Monforte de Lemos, que construyó un caballero del linaje de los Garza, aproximadamente en el s. XIV. Anterior a él se cree que existió en un lugar próximo el castillo de Tor.
También está relacionado afectivamente con nuestros intereses musicales, ya que precisamente de la familia Taboada-Tor provino la zanfona favorita de Faustino Santalices con la que hizo sus gravaciones históricas en el ano 1949.
El apellido podría tener su origen en la siguiente acepción
Significado 2
TOR: Formación rocosa acastillada. En geomorfología, denomina también un relieve residual por afloramientos de mayor dureza, como el granito. El término fue un préstamo a la lengua inglesa desde las lenguas celtas e así está emparentado con el córnico: Tor; Antiguo galés : Twr; Gaélico escocés: tòrr, Celta antiguo: TORRa Montículo, elevación fortificada.
Relacionado también por su origen indoeuropeo con la voz latina Turris, y con términos actuales como Torre, trono…
Significado 3
-TOR: Sufijo protoindoeuropeo por el que a partir del verbo se crea el sustantivo que nombra la persona que realiza la acción del verbo.
Derivó en lenguas posteriores, Helénica: *-tōr; Griego antiguo: -τωρ (-tōr); Indoiranio: *-tā; Indoario: *-tā; Sánscrito: -तृ (-tṛ) ; Itálico: *-tōr; Latín: -tor
Y permanece en las lenguas europeas actuales como –tor ou –dor (gallego: construtor, autor etc)
Queremos potenciar a presenza do grupo na rede e a través do blog iremos anunciando novos proxectos nos que estemos a traballar, permanecede atentos!