TOR «Zira» Cd en físico

Xa está dispoñible en tenda o novo cd en físico. Iremos ampliando os puntos de venta, máis nestes momentos contamos con:

Ourense

Amodo R/ Santo Domingo 35

A Picota R/ Colón 27

Libraría Espazo Nobel R/ Santo Domingo 66

Musical González R/ Díaz de la Banda 12

Bonus Track R/ Sáenz Díez 16

Cualedro

Gasolineira Petronor

Allariz

A Mariñeta R/ Ferreiría 32

A Tulla R/ Castelao 4

Carballiño

Ozoco R/ Curros Enríquez 29

E tamén contades coa posibilidade de mercalo na tenda en liña de Ozoco en

https://ozocogz-atenda.com/p/tor-zira

«Zira» lanzamento en plataformas dixitais!

O 12 de decembro nas principais plataformas dixitais poderedes desfrutar o noso novo CD, 53 minutos de música, 13 arranxos, algúns deles que xa tedes escoitado nos concertos, outros en estrea mundial!

Con numerosas colaboracións de prestixioso coma Ruma Barbero (Felpeyu) ao bodhran, Carlos Quintá, Pancho Alvarez e José Climent ao violinos, Luis Peixoto á mandolina e Soco Rúa na pandeireta!

Mañá compartiremos os enlaces na web

E para Reis, o CD en soporte físico!

Artist of the Day en Ethnocloud!

Estamos encantadísimos de ter sido elexidos Artistas do Día hoxe 18 de abril pola plataforma global Ethnocloud de Músicas Folk e Étnicas, radicada en Canadá

Recordarvos que xa temos estado catro veces no TOP40 global mundial con Argomoso, Alboradas e Valses

Gracias por dar difusión e visibilidade ao noso traballo!

www.ethnocloud.com

TOR no posto 17 do Top40 Global de Ethnocloud!

tamos felices de que o pasado mes de Setembro 2022 TOR acabamos de entrar por primeira vez no TOP Global de Ethnocloud, co noso tema «Argomoso» no posto 17. Esta plataforma dixital radicada en Canadá está especializada en música folk e Músicas do Mundo e conta con grupos e programadores de todo o mundo.

E na Lista do TOP40 West European «Argomoso» acada o 3º posto e «Pasacorredoiras» o 7º !

Non deixedes de visitar Ethnocloud para coñecer propostas musicais moi variadas, a través dos seus vídeos, cds, e blogs

TOR en Premios Min 2021

Ábrense as votacións do público aos Premios Min 2021 Premios de la Música Independiente
Hai que rexistrarse en www.premiosmin.com e votade aos grupos que máis vos gusten (máximo 5 por categoría).
TOR presentámonos en tres categorías «Mejor banda emergente», «Mejor album de música de raíz» e «Mejor diseño gráfico».

Gracias polo voso apoio e difusión! Compartide

Para que saibades como é o proceso:

1º – Ata o 4 de maio hai votación do público: Os 15 grupos máis votados en cada categoría, pasa á seguinte rolda

2º.- Semifinal, onde un xurado profesional elixirá aos finalistas

3º.- Gala de entrega de premios aos gañadores.

BSO Luarada

O sabado 3 de Outubro pasado presentouse no OUFF Festival de Cine de Ourense, a mediametraxe co traballo inicial do filme «Luarada».

Está dirixido por Oscar Doviso Zinemusik e busca unha aproximación rigorosa e histórica ao caso de Manuel Blanco Romasanta, coñecido como o Lobishome de Esgos, ou o Sacauntos, asasino en serie que foi causa célebre a mediados do s. XIX, xulgado e condenado polo asasinato de nove vítimas da zona de Rebordechao e Castro de Laza (Ourense).

Ademais de facer Cástor e Félix como asesores sobre a causa xudicial, Alvaro Iglesias xunto con TOR fixemos a banda sonora para este filme, baixo a dirección de Alvaro.

O sábado 3 presentouse o working progress na gala de clausura do OUFF, e onte 4 fíxose un visionado para o equipo técnico e colaboradores.

Estamos encantadísimos polo resultado, que está acadando moi boas críticas, e felicitamos a Alvaro Iglesias, como principal artífice desta banda sonora pola fermosura de traballo.

  • Alvaro Iglesias: Dirección da música, contrabaixo
  • Xosé Liz: Frauta
  • Cástor Castro: Ocarinas
  • Félix Castro: Concertina

Podedes desfrutar desta BSO en spotify aquí

E aquí o anuncio da mediametraxe

O filme está previsto para finais de 2021 pero por mor das circunstancias actuais previsiblemente se adiará. A BSO completa suporá tamén o segundo traballo discográfico de Alvaro Iglesias, neste caso coa participación de TOR.

Traducir/Translate »