O sabado 3 de Outubro pasado presentouse no OUFF Festival de Cine de Ourense, a mediametraxe co traballo inicial do filme «Luarada».
Está dirixido por Oscar Doviso Zinemusik e busca unha aproximación rigorosa e histórica ao caso de Manuel Blanco Romasanta, coñecido como o Lobishome de Esgos, ou o Sacauntos, asasino en serie que foi causa célebre a mediados do s. XIX, xulgado e condenado polo asasinato de nove vítimas da zona de Rebordechao e Castro de Laza (Ourense).
Ademais de facer Cástor e Félix como asesores sobre a causa xudicial, Alvaro Iglesias xunto con TOR fixemos a banda sonora para este filme, baixo a dirección de Alvaro.
O sábado 3 presentouse o working progress na gala de clausura do OUFF, e onte 4 fíxose un visionado para o equipo técnico e colaboradores.
Estamos encantadísimos polo resultado, que está acadando moi boas críticas, e felicitamos a Alvaro Iglesias, como principal artífice desta banda sonora pola fermosura de traballo.
- Alvaro Iglesias: Dirección da música, contrabaixo
- Xosé Liz: Frauta
- Cástor Castro: Ocarinas
- Félix Castro: Concertina
Podedes desfrutar desta BSO en spotify aquí
E aquí o anuncio da mediametraxe
O filme está previsto para finais de 2021 pero por mor das circunstancias actuais previsiblemente se adiará. A BSO completa suporá tamén o segundo traballo discográfico de Alvaro Iglesias, neste caso coa participación de TOR.
0 comentarios