TOR nas terrazas CC Pontevella Ourense

Preciosa compañía e espazo para o primeiro concerto de TOR e convidados deste verán o pasado xoves 24 nas terrazas do CC Pontevella.

Sempre é un pracer actuar e poder ofrecer a nosa música, pero as sensacións son fermosísimas cando nos xuntamos coa nosa parella de baile favorita, Lucía e David, con Soco Rúa á pandeireta, Angel Ruiz ao banjo, e Pancho Alvarez ao violín!

NOVO HORARIO! TOR+Pancho Álvarez e Soco Rúa no Liceo de Ourense, venres 15/I/2021 20 h

ATENCIÓN: Por mor dos cambios do toque de queda (adiantado para as 22 h) cambiamos a hora do concerto para as 20 h

Ademais contaremos coa participación dos invitados Pancho Álvarez (violín) e Soco Rúa (pandeireta)


Comprácenos anunciar que o vindeiro venres actuamos no Salón Nobre do Liceo de Ourense.

Lembrade que podedes facer reservas nos teléfonos 988222584, 988220650 ou por email a liceodeourense@hotmail.es

Tor en Xunqueira de Ambía 15 de agosto

O próximo sábado 15 de agosto actuaremos en Xunqueira de Ambía (Ourense) a partir das 21 h, actividade programada dentro da rede de Auditorios da Deputación de Ourense.

E de mañá xa estaremos tamén cos Lubicáns de alborada ambientando a festividade.

Os discos por fin chegarán de fábrica o luns día 10 así que será unha boa oportunidade para asistir ao concerto de presentación do disco e poder desfrutar do disco recén saído do forno !

Queremos felicitar ao concello de Xunqueira de Ambía polo seu interese no noso proxecto, e por seguir programando actividades culturais nestes tempos tan complicados. Que a cultura non pare!

Ínsua dos Poetas

Foi un concerto precioso o que tivemos o pasado 19/7 na Festa da Palabra 2020, Ínsua dos Poetas, Carballiño, acompañados dos nosos queridos amigos/as Angel Ruiz (banjo) Pancho Álvarez (violín), Patricia López (pandeiro e voz), Lucía Cedrón e David Leadbeater (baile), Soco Rúa (pandeireta) e Marcos Saburido (percusión).

Mark Ritchie o noso fotógrafo oficial fixo estas fermosas fotografías do evento. www.markritchiefotografo.com

Tamén cubriu o concerto Badal Novas, e podédelo ver na súa páxina web ou no seu canal de Youtube

Traducir/Translate »