
Esperámosvos!

Esperámosvos!

Encantados de tocar o vindeiro venres 20 de agosto en Loiro (Barbadás-Ourense)!
O SON DA CARBALLEIRA 2021
LOIRO (BARBADÁSEn Loiro, seguimos apostando pola difusión da música Folk, e o vindeiro venres, 20 de agosto, contaremos coa actuación de TOR.
ENTRADAS XA A VENTA (6€) EN:
https://www.woutick.es/evento/1625/entradas-tor?place=755&date=20-08-2021&time=22:00&showId=5969
ATENCIÓN: TOR+Convidados en Trives, Festa da Bica, CANCELADO por mor da evolución do covid-19


Este xoves 29 de xullo ás 21 h novo concerto de TOR, esta vez en formato cuarteto, nas terrazas do Centro Comercial Pontevella,
Entrada gratuita, con control de aforo e as habituais medidas COVID-19
O vindeiro sábado 17 de xullo 19:30 h faremos nos xardíns do Pazo de Tor (Monforte de Lemos-Lugo), un concerto moi esperado por nós. TOR+convidados, non volo perdades! 🙂
Cos artistas convidados Pancho Alvarez (violín), Soco Rúa (pandeireta), Lucía Cedrón e David Leadbeater (parella de baile)
Aforo limitado por orde de chegada.
Recomendámosvos se podedes que vaiades pasar alí o día e que concertedes unha visita ao Pazo de Tor, que é unha auténtica marabilla!

16 de XULLO Venres ás 23:00 h en XINZO de Limia (Ourense)
TOR+Convidados! nos circuitos Cultura no Camiño 2021
Onde: Praza Carlos Casares (xunto ao concello)
Atención: Rexistro previo en http://xinzo.gal/r/torfolk
Esperámosvos!

Preciosa compañía e espazo para o primeiro concerto de TOR e convidados deste verán o pasado xoves 24 nas terrazas do CC Pontevella.
Sempre é un pracer actuar e poder ofrecer a nosa música, pero as sensacións son fermosísimas cando nos xuntamos coa nosa parella de baile favorita, Lucía e David, con Soco Rúa á pandeireta, Angel Ruiz ao banjo, e Pancho Alvarez ao violín!









Empezamos os concertos de verán! O próximo xoves 24 de XUÑO ás 21:00 TOR e convidados na terraza do cc Pontevella de Ourense!
Starring: Angel Ruiz banjo, Pancho Alvarez violín, Soco Rúa pandeireta, e Lucía Cedrón e David Leadbeater, baile ! ![]()

Lamentamos comunicarvos que por motivos alleos a TOR e ao local vímonos na obriga de CANCELAR o cocnerto de hoxe
As entradas seránlle devoltas de forma automática dende a plataforma!
Disculpade as molestias