Reportaxe en Folk Canarias 2023
A pasada fin de semana ofrecemos dous concertos dentro da XVI edición de Folk Canarias na illa de Gran Canaria. O sábado 9 en Aldea de San Nicolás, e o domingo 10 na praza de Arucas, onde compartimos escenario coa Gani Mirzo Band.
Sempre é un luxazo viaxar ás illas, que teñen unha sensibilidade especial no trato, quedamos encantadísimos coa acollida e boa experiencia. Gracias a Miguel Afonso e Folk Canarias eventos, ao Goberno de Canarias, e aos concellos de Arucas e Aldea de San Nicolás.
Ademais convidamos a Guzmán Marqués, violinista fundador de Llan de Cubel, un grande amigo, residente en Gran Canaria dende vai para vinte anos, e foi un auténtico honor para nós.
Deixámosvos unhas fotos que transmiten ben a maxia os momentos vividos.
ARUCAS














ALDEA DE SAN NICOLÁS.








XVI Folk Canarias, Gran Canaria. 9 e 10 decembro!
Estamos encantadísimos de viaxar ao XVI Festival de Folk Canarias 2023, na illa de Gran Canaria.
Teremos dous concertos, o sábado 9 de decembro na praza da Alameda, na Aldea de San Nicolás, e o domingo 10 de decembro na Praza de San Juan, en Arucas. Ambos ás 20 h.
Compartiremos escenario coa Gani Mirzo Band e convidados,
esperámosvos!


TOR no Poemagosto Allariz Sábado 7/X/2023


TOR actuamos este sábado 7 ás 20.45 h cos convidados Pancho Álvarez (violín) e Soco Rúa (pandeireta), dentro do Poemagosto de Allariz, cun programa cheo de actividades moi recomendadas , deixámosvos o enlace para coñecelas!
Tor en Folkez Blai



Quedamos encantados coa nosa participación no festival Folkez Blai de Ermua (País Vasco).
Dun total de 23 participantes, seleccionáronos entre os seis finalistas. Fomos con moitas gañas de tocar o domingo pasado e realmente fixemos un gran concerto, malia que non conseguiramos premio. Sempre é un pracer visitar aquelas terras e tivemos oportunidade de coñecer a Gloria Alezo e Enrique Galdeano de Olmo, tocar de festa con Luis Arias e todos/as os fieras que nos esperaban aló no galpón no medio do monte 🙂
Moitas gracias ao Concello de Ermua por apoiar durante tantos anos (XVIII) a música folk, a Patxi López técnico de cultura e a Gorka Tagle polo acollemento e presentacións, a Iñigo e todo o equipo técnico de luces e son que fixeron un traballo fantástico, a Antonio Martínez de A.C. Radio Crónica Folk Musical Mérida por dar cobertura e visibilidade ao festival, e a todo o público por acercarse ao concerto, eskerrik asko Ermua!

TOR en Folkez Blai 2023 Ermua 10/IX


Encantadísimos sempre coas nosas experiencias en Euskadi, e con moitas gañas de tocar alá!
TOR na Torre de Sandiás, 18/VIII














