Tor en Folkez Blai

Quedamos encantados coa nosa participación no festival Folkez Blai de Ermua (País Vasco).

Dun total de 23 participantes, seleccionáronos entre os seis finalistas. Fomos con moitas gañas de tocar o domingo pasado e realmente fixemos un gran concerto, malia que non conseguiramos premio. Sempre é un pracer visitar aquelas terras e tivemos oportunidade de coñecer a Gloria Alezo e Enrique Galdeano de Olmo, tocar de festa con Luis Arias e todos/as os fieras que nos esperaban aló no galpón no medio do monte 🙂

Moitas gracias ao Concello de Ermua por apoiar durante tantos anos (XVIII) a música folk, a Patxi López técnico de cultura e a Gorka Tagle polo acollemento e presentacións, a Iñigo e todo o equipo técnico de luces e son que fixeron un traballo fantástico, a Antonio Martínez de A.C. Radio Crónica Folk Musical Mérida por dar cobertura e visibilidade ao festival, e a todo o público por acercarse ao concerto, eskerrik asko Ermua!

TOR e convidados en Ourense, Festa dos Maios 7/5/23

Estamos encantados de vos anunciar de que TOR actuaremos o vindeiro domingo 7 de maio ás 13 h na praza maior de Ourense, dentro da Festa dos Maios.

E teremos como convidados de excepción Angel Ruiz banjo, Pancho Alvarez violín, Soco Rúa pandeireta e Lucía Cedrón e David Leadbeater, como parella de baile! Esperámosvos!

Ortigueira!

Fermosa experiencia a que vivimos presentando TOR no Teatro de Beneficencia de Ortigueira o pasado sábado 11 de Marzo de 2023. Moitas gracias polo voso cariño e acollemento, gracias a todas as amigas/os que vos achegastes, e especialmente a Sindo Toimil que nos acompañou dende Laza

Vémonos no Festival!

Fotografías de Rodrigo López e Álvaro Iglesias

TOR en Ortigueira 11 de Marzo 19:30 h

TOR actuará o vindeiro sábado 11 de marzo no Teatro de Beneficencia de Ortigueira, na presentación do programa do Festival de Ortigueira 2023.

As entradas pódense coller en taquilla ao prezo de 3 €.

Estamos encantadísimos de que contasen con nós para a presentación, estrenaremos temas novos, e esperamos repetir no verán 🙂

Traducir/Translate »