Blog

O concepto e deseño de «TOR Folk céltico da Galiza» (I)

Coincidindo cos Premios Min e que optamos ao premio de «Mellor deseño gráfico», plantexámonos facer algunhas entradas sobre o deseño do noso primeiro CD e a orixe dos elementos que atopades nel.

A maior inspiración proven do amigo e deseñador Paco Boluda, que realizou elementos centrais do CD como a portada e o Cronobecho. Recomendámosvos encarecidamente que visitedes o seu traballo en Facebook

A PORTADA

A idea forza dos traballos de Paco Boluda é que a estética kallaika é tan potente e propia que se pode presentar, actualizar, acoplar e misturar con calquer outro estilo de arte que nos imaxinemos (renacentista, Art nouveau, maquinismo, steampunk…). Nese sentido debería ser recuperada e reivindicada como produto estético, cultural e mesmo recurso de deseño .

Na portada do Digipack destaca o Kallaiko de Vitrubio, obra de Paco , na que misturando dúas nocións de arte, combinou unha figura moi coñecida como o home de Vitrubio de Leonardo da Vinci e a súa proporción áurea, c.1492, coas estatuas dos guerreiros galaicos, s. V a III A.C. (aos que tamén se lles aplicou a proporción áurea). Ambas son moi representativas de dúas épocas, unha da Idade de Ferro e outra do Renacemento, mais dous conceptos aparentemente moi diferentes que no fondo únense na esencia.

Deseño orixinal de Paco, que despois foi incorporado como símbolo central en TOR

Para a texturación do fondo da capa, tipo pergameo, empregamos a tapa de coiro de año dun tomo antigo do s. XVII, que temos no Arquivo Castro Vicente.

Portada, contraportada e lomo do Digipack enmarcámolas con motivos xeométricos procedentes dunha lousa de pedra de orixe castrexo que apareceu dada a volta facendo o altar da capela de  Formigueiros, Trasalba-Amoeiro, (Ourense).

A tipografía de TOR, marca identificativa do grupo, e do texto “Folk Céltico da Galiza”, extraímola da espectacular lápida fundacional do mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos-Ourense) datada no  573 D.C. (en pleno reinado suevo), que temos no Museo Arqueolóxico de Ourense. Ten ademáis moitas características comúns con tipografías medievais que se teñen espallado no S. XX no imaxinario como arte céltico.

E na contracapa adiantamos xa uns elementos do deseño do Cronobecho que vai no interior.

TOR semifinalistas en Premios MIN 202!1

Somos semifinalistas en MÚSICAS DE RAÍZ! Moitísimas gracias a todas/os os que desfrutades da nosa música e nos apoiastes votándonos na primera fase dos Premios MIN.

Na segunda fase, un xurado profesional decidirá e anunciará o día 25 de maio quen son os finalistas para a ceremonia de premios que terá lugar en Burgos!

Velaquí temos o cartel deseñado polo xenial Paco Boluda, para animarvos a votar a TOR e aos grupos galegos nas distintas categorías!

Lembramos o proceso:

1º Rexístrate en www.premiosmin.com

2º Busca a TOR en «Mejor banda emergente» e «Mejor album de música de raíz»

Apoia aos teus grupos favoritos e desfruta da música, gracias por difundir!

Tor en Xunqueira de Ambía 15 de agosto

O próximo sábado 15 de agosto actuaremos en Xunqueira de Ambía (Ourense) a partir das 21 h, actividade programada dentro da rede de Auditorios da Deputación de Ourense.

E de mañá xa estaremos tamén cos Lubicáns de alborada ambientando a festividade.

Os discos por fin chegarán de fábrica o luns día 10 así que será unha boa oportunidade para asistir ao concerto de presentación do disco e poder desfrutar do disco recén saído do forno !

Queremos felicitar ao concello de Xunqueira de Ambía polo seu interese no noso proxecto, e por seguir programando actividades culturais nestes tempos tan complicados. Que a cultura non pare!

Ínsua dos Poetas

Foi un concerto precioso o que tivemos o pasado 19/7 na Festa da Palabra 2020, Ínsua dos Poetas, Carballiño, acompañados dos nosos queridos amigos/as Angel Ruiz (banjo) Pancho Álvarez (violín), Patricia López (pandeiro e voz), Lucía Cedrón e David Leadbeater (baile), Soco Rúa (pandeireta) e Marcos Saburido (percusión).

Mark Ritchie o noso fotógrafo oficial fixo estas fermosas fotografías do evento. www.markritchiefotografo.com

Tamén cubriu o concerto Badal Novas, e podédelo ver na súa páxina web ou no seu canal de Youtube

Tor na Arca da Noe

Acceso á galería

O 5 de xullo comezamos a xira de verán de TOR na Arca da Noe de Vilar de Santos, nun enclave agarimoso e ben amparados de amigos/as e familia! Todo elo dentro da programación da Rede de Músicas ao Vivo do AGADIC.

Un inmenso pracer, que podemos compartir con vós nesta preciosa escolma de fotografías de Mark Ritchie, o noso fótografo oficial.

Non deixedes de visitar a súa páxina www.markritchiefotografo.com

(Pregámosvos que se alguén precisase alguna fotografía para uso comercial, nolo solicite e vos poñemos en contacto con Mark Ritchie )

Podedes ver tamén a gravación do directo que se emitiu nestoutro enlace

Primeiras datas 2020

Nesta semana pechamos as primeiras datas de 2020 serán no Barco de Valdeorras pola Rede de Auditorios da Deputación de Ourense o 24 de Abril, e na Arca da Noe pola Rede Galega de Músicas ao Vivo o 5 de xuño, iremos avisando de novos concertos

21 de novembro 19.30 ciclo Igor Medio Xixón

Tamos encantadísimos de ir a tocar este ano ao ciclo Folk de Cámara Igor Medio!

Será este venres día 21 de novembro na Casa Natal de Jovellanos en Xixón ás 19.30, en acústico

Será o primeiro concerto que ofrezamos en Asturies no ciclo de folk acústico que no seu día organizaba Igor Medio e actualmente faino Xel Pereda, e do que naceron moitas colaboracións e novos grupos en Asturies.

Coincide ademáis coa donación que fai Sonia Tuya (nai de Igor Medio) de toda a obra gráfica do noso querido amigo Igor ao Muséu del Pueblu d´Asturies.

Como sabedes Félix e Cástor fomos fundadores de Felpeyu xunto con Igor Medio e Ruma Barbero, e sentimos unha vinculación moi especial con eles e coa música asturiana.

Teremos convidados especiais!

Presentación de TOR Zira no Carballiño

Hoxe no Carballiño, Félix e mais eu tocaremos algúns temas novos, e máis contaremos historias do noso proceso creativo, mentres a outra metade de TOR, os nosos benqueridos Alvaro e Xosé, marchan de xira para Arxentina e Uruguai. Esperámosvos no Carballiño!

Traducir/Translate »