




O pasado 28 de marzo estivemos gravando en audio e vídeo un par de arranxos en beabesada Homestudio para a promoción do grupo. O resultado foi espectacular, a calidade do traballo de Diego e as facilidades e comodidade foron totais, e non podemos por menos que expresar o noso agradecimento e todas as recomendacións por este estudio
Só hai que vernos as caras de felicidade nas fotos ou nos vídeos !
0 comentarios