Set Chotis que aparecerá no noso próximo CD «ZIRA»! En directo en Arucas Folk Canarias en Decembro 2023. Nesta ocasión o terceiro tema do Set (3/4) é un Canto de Reis que recollimos ao frauteiro Armando López, e co que vos dexesámosvos un Bo Ano para todas/os
A pasada fin de semana ofrecemos dous concertos dentro da XVI edición de Folk Canarias na illa de Gran Canaria. O sábado 9 en Aldea de San Nicolás, e o domingo 10 na praza de Arucas, onde compartimos escenario coa Gani Mirzo Band.
Sempre é un luxazo viaxar ás illas, que teñen unha sensibilidade especial no trato, quedamos encantadísimos coa acollida e boa experiencia. Gracias a Miguel Afonso e Folk Canarias eventos, ao Goberno de Canarias, e aos concellos de Arucas e Aldea de San Nicolás.
Ademais convidamos a Guzmán Marqués, violinista fundador de Llan de Cubel, un grande amigo, residente en Gran Canaria dende vai para vinte anos, e foi un auténtico honor para nós.
Deixámosvos unhas fotos que transmiten ben a maxia os momentos vividos.