Gracias!

A fin de semana do 19 ao 21 de xaneiro estivemos de xira por Zamora, Salamanca e Valladolid. A atención e cariño dos organizadores e do público foi inmenso e quedamos moi moi agradecidos, foi unha experiencia inolvidable.

Empezamos o venres 19 ás 20 h no Patio Corsario de Valladolid. É unha sala moi acolledora que ten unhas 120 localidades, dirixida por Jesús e Teresa, e todo o colectivo de Patio Corsario. Está vinculada ao Teatro Corsario, unha compañía de teatro de grande traxectoria a nivel nacional, botade un ollo á súa páxina e as súas montaxes (xeniais os espectáculos de títeres para adultos 🙂 ).

https://www.teatrocorsario.com

Non temos unha soa fotografía do concerto así que deixámosvos imaxes da sala antes de se encher e do escenario 😀

Se alguén dos que asististes vedes esta nosa páxina, non deixedes de nos pasar algunha imaxe do concerto 🙂

Nas primeiras horas de saír á venda as entradas esgotáronse polo que fixemos un segundo concerto o domingo ás 13 h.

Museo Etnográfico de Castilla y León, Zamora

O sábado de mañá recalamos no Museo Etnográfico de Castilla y León, en pleno centro histórico de Zamora, no que agradecemos ao Museo e a Pablo Madrid a organización do evento.

Neste espazo, máis recollido, recibíronnos ademais moitos amigos e familiares de Zamora e Salamanca, que tiñamos moitas gañas que puideran coñecer o noso traballo en directo.

Casa Lis de Salamanca

O sábado á tardiña tocamos no Patio interior da Casa Lis de Salamanca, un espléndido Museo Modernista, espacio fermoso como poucos, ao que esperamos voltar pronto para coñecelo e disfrutalo máis de vagar. Moitísimas gracias a María José e Luis, e a Asociación de Amigos da Casa Lis, por organizar ista actuación.

Próximamente compartiremos un vídeo desde concerto íntegro, onde podederedes disfrutar do sonido TOR ao natural coma se estivérades en primeira fila do concerto.

Nestes concertos en interior prodigámonos en anécdotas e sucedidos que gustaron moito, coma a historia de Manuel Blanco Romasanta, o Lobishome galego, ou a do bombardeiro que se estrelou na II Guerra Mundial nos montes de Vilar ao sur de Ourense, e que os gaiteiros de Vilar fixeron unha caixa e un bombo do aluminio daquel avión…

E o domingo volvimos ao Patio Corsario, onde ademais nos acompañou Soco Rúa coa pandeireta, noutro concerto que esgotou as entradas, e que se prolongou cun longo xantar e sobremesa con Jesús, Teresa e o equipo do Patio Corsario. Deu tempo a contar e escoitar moitas moitas historias…

Xa temos gañas de volver!

Primeiras datas 2020

Nesta semana pechamos as primeiras datas de 2020 serán no Barco de Valdeorras pola Rede de Auditorios da Deputación de Ourense o 24 de Abril, e na Arca da Noe pola Rede Galega de Músicas ao Vivo o 5 de xuño, iremos avisando de novos concertos

Traducir/Translate »