Blog

Chotis, del próximo CD «Zira»

Set Chotis que aparecerá no noso próximo CD «ZIRA»! En directo en Arucas Folk Canarias en Decembro 2023.
Nesta ocasión o terceiro tema do Set (3/4) é un Canto de Reis que recollimos ao frauteiro Armando López, e co que vos dexesámosvos un Bo Ano para todas/os

Reportaxe en Folk Canarias 2023

A pasada fin de semana ofrecemos dous concertos dentro da XVI edición de Folk Canarias na illa de Gran Canaria. O sábado 9 en Aldea de San Nicolás, e o domingo 10 na praza de Arucas, onde compartimos escenario coa Gani Mirzo Band.

Sempre é un luxazo viaxar ás illas, que teñen unha sensibilidade especial no trato, quedamos encantadísimos coa acollida e boa experiencia. Gracias a Miguel Afonso e Folk Canarias eventos, ao Goberno de Canarias, e aos concellos de Arucas e Aldea de San Nicolás.

Ademais convidamos a Guzmán Marqués, violinista fundador de Llan de Cubel, un grande amigo, residente en Gran Canaria dende vai para vinte anos, e foi un auténtico honor para nós.

Deixámosvos unhas fotos que transmiten ben a maxia os momentos vividos.

ARUCAS

ALDEA DE SAN NICOLÁS.

XVI Folk Canarias, Gran Canaria. 9 e 10 decembro!

Estamos encantadísimos de viaxar ao XVI Festival de Folk Canarias 2023, na illa de Gran Canaria.

Teremos dous concertos, o sábado 9 de decembro na praza da Alameda, na Aldea de San Nicolás, e o domingo 10 de decembro na Praza de San Juan, en Arucas. Ambos ás 20 h.

Compartiremos escenario coa Gani Mirzo Band e convidados,

esperámosvos!

Estamos gravando!

Comprácenos anunciar que comezamos o proceso de gravación do noso segundo CD!

Os pasados 12 a 15 de otubro desprazámonos a Casa Iglesias en Cira (Silleda-Pontevedra) onde en catro intensísimos días preparamos e gravamos os primeiros 6 temas.

Esperamos finalizalo en Xaneiro, e presentaremos a partir de Maio e na xira de verán de 2024

Optamos por gravar con varias tomas conxuntas, escollendo as mellores, para captar a enerxía dos concertos en directo, que pensamos ofrecerá unha maior frescura e potencia ao disco.

Tor en Folkez Blai

Quedamos encantados coa nosa participación no festival Folkez Blai de Ermua (País Vasco).

Dun total de 23 participantes, seleccionáronos entre os seis finalistas. Fomos con moitas gañas de tocar o domingo pasado e realmente fixemos un gran concerto, malia que non conseguiramos premio. Sempre é un pracer visitar aquelas terras e tivemos oportunidade de coñecer a Gloria Alezo e Enrique Galdeano de Olmo, tocar de festa con Luis Arias e todos/as os fieras que nos esperaban aló no galpón no medio do monte 🙂

Moitas gracias ao Concello de Ermua por apoiar durante tantos anos (XVIII) a música folk, a Patxi López técnico de cultura e a Gorka Tagle polo acollemento e presentacións, a Iñigo e todo o equipo técnico de luces e son que fixeron un traballo fantástico, a Antonio Martínez de A.C. Radio Crónica Folk Musical Mérida por dar cobertura e visibilidade ao festival, e a todo o público por acercarse ao concerto, eskerrik asko Ermua!

Traducir/Translate »