

Este domingo estamos encantados de estar na Alameda de Catoira a partir das 20 h. Os concertos empezarán con Clara Pino e Pablo Vidal, e a continuación TOR con convidados!

O periodista Roger Holdsworth dirixe o programa de en PBS-FM, Global Village, en Melbourne, Australia
Gran coñecedor de músicas folk e étnicas de todo o mundo, e con moito interese na música que se fai neste noso recuncho do planeta, acaba de incluir con moita amabilidade no seu programa nº 1640 o tema de TOR «Alboradas», do pasado 2 de Xullo, na hora 5:47:12 pm
Encantadísimos de que a nosa música se escoite en Australia!
Aquí tedes o enlace ao playlist e programa nº 1640
https://www.pbsfm.org.au/program/global-village/2023-07-02/17-00-00
Podedes oír o programa enteiro dende o principio pulsando en “Listen ►” na primeira liña xunto a “05:00:00 FRED NII KPAKPO ADDO with ONE SPIRIT AFRICA He Say She Say” e despois se queredes avanzar, no reproductor que vos aparece na parte superior da pantallla, ir pinchando en distintos minutos

Estamos encantados de vos anunciar de que TOR actuaremos o vindeiro domingo 7 de maio ás 13 h na praza maior de Ourense, dentro da Festa dos Maios.
E teremos como convidados de excepción Angel Ruiz banjo, Pancho Alvarez violín, Soco Rúa pandeireta e Lucía Cedrón e David Leadbeater, como parella de baile! Esperámosvos!

Estamos encantadísimos de ter sido elexidos Artistas do Día hoxe 18 de abril pola plataforma global Ethnocloud de Músicas Folk e Étnicas, radicada en Canadá
Recordarvos que xa temos estado catro veces no TOP40 global mundial con Argomoso, Alboradas e Valses
Gracias por dar difusión e visibilidade ao noso traballo!

Mañá venres temos o honor de ofrecer no Auditorio do Centro Cultural de Chaves o Concerto de Primavera con TOR, participando nesta ocasión catro convidadas de excepción: Paula Gómez violín, Soco Rúa pandeireta, e Lucía Cedrón e David Leadbeater baile!
Entrada gratuita, 21:30 hora portuguesa (22:30 hora española)
Fermosa experiencia a que vivimos presentando TOR no Teatro de Beneficencia de Ortigueira o pasado sábado 11 de Marzo de 2023. Moitas gracias polo voso cariño e acollemento, gracias a todas as amigas/os que vos achegastes, e especialmente a Sindo Toimil que nos acompañou dende Laza
Vémonos no Festival!






Fotografías de Rodrigo López e Álvaro Iglesias

https://www.ivoox.com/abrete-orellas-cdlxxiii-7-marzo-2023-audios-mp3_rf_104160262_1.html
O amigo Pepe Cunha ven de incluir a TOR (minuto 33 en adiante) anunciando o noso concerto en Ortigueira no seu CDLXXIII programa Abrete de Orellas, moitas gracias por darnos visibilidade!
7-marzo-2023
1 Fuxan os Ventos con Mercedes Peón “Muller”
2 Fuxan os Ventos “Eu En Ti”
3 Mercedes Peón “Isué”
4 Su Garrido Pombo “O meu neno”
5 Mäi “Templo escuro”
6 Leilía “Voz das Evas”
7 TOR “Valses – Alalá de Vilalba, xotica de Bernardo Lopes e valse dos irmáns Moreiras”
8 Lizgairo “Muiñeira de Piadela”
9 Fernando Barroso ‘Bulevar Fandango’
10 Loita Amada “O monstro”
11 Superfuzz “Descontrol”
12 Tom Waits “Closing Time”

As entradas pódense coller en taquilla ao prezo de 3 €.
Estamos encantadísimos de que contasen con nós para a presentación, estrenaremos temas novos, e esperamos repetir no verán 🙂

Vídeo do tema Valses completo que fixemos na festa da Fornada de Niñodaguia 2021.
Gravado e dirixido por Senén Bernández para o programa «Inimitables» e emitido pola TVG en Nadal de 2022 (a tarde do 24 e a mañá do 31) con máxima audiencia!