Hoxe no Carballiño, Félix e mais eu tocaremos algúns temas novos, e máis contaremos historias do noso proceso creativo, mentres a outra metade de TOR, os nosos benqueridos Alvaro e Xosé, marchan de xira para Arxentina e Uruguai. Esperámosvos no Carballiño!
Presentación de TOR «Zira» co amigo Emilio Españadero de Lume na Palleira o pasado 15-12-2024 na súa segunda hora en Compostela. Día para recordar, despois da masiva manifestación contra a desfeita de Altri!
Podedes escoitar o Podcast do programa no seu enlace de Ivoox
Subimos aquí o texto e deseño do noso novo CD en galego e castelán, para que toda a xente que desfrutades da nosa música en dixital poidades tamén ler os créditos e coñecer a procedencia dos temas
Proximamente subirémolos en inglés e francés.
Na edición física a caixa do CD está só en galego (que polo demáis non ten maior problema de entendemento para toda a gran familia de linguas romances)