TOR «Zira» en Lume na palleira con Emilio Españadero

Presentación de TOR «Zira» co amigo Emilio Españadero de Lume na Palleira o pasado 15-12-2024 na súa segunda hora en Compostela. Día para recordar, despois da masiva manifestación contra a desfeita de Altri!

Podedes escoitar o Podcast do programa no seu enlace de Ivoox

https://www.ivoox.com/player_ej_136934958_6_1.html?c1=691fd2

ou ben escoitar ou descargar a entrevista en mp3 directamente aquí

Textos de TOR «Zira» en galego e castelán

Subimos aquí o texto e deseño do noso novo CD en galego e castelán, para que
toda a xente que desfrutades da nosa música en dixital poidades tamén ler os
créditos e coñecer a procedencia dos temas

Proximamente subirémolos en inglés e francés.

Na edición física a caixa do CD está só en galego (que polo demáis non ten
maior problema de entendemento para toda a gran familia de linguas romances)

«Zira» lanzamento en plataformas dixitais!

O 12 de decembro nas principais plataformas dixitais poderedes desfrutar o noso novo CD, 53 minutos de música, 13 arranxos, algúns deles que xa tedes escoitado nos concertos, outros en estrea mundial!

Con numerosas colaboracións de prestixioso coma Ruma Barbero (Felpeyu) ao bodhran, Carlos Quintá, Pancho Alvarez e José Climent ao violinos, Luis Peixoto á mandolina e Soco Rúa na pandeireta!

Mañá compartiremos os enlaces na web

E para Reis, o CD en soporte físico!

Traducir/Translate »