Tor en Folkez Blai

Quedamos encantados coa nosa participación no festival Folkez Blai de Ermua (País Vasco).

Dun total de 23 participantes, seleccionáronos entre os seis finalistas. Fomos con moitas gañas de tocar o domingo pasado e realmente fixemos un gran concerto, malia que non conseguiramos premio. Sempre é un pracer visitar aquelas terras e tivemos oportunidade de coñecer a Gloria Alezo e Enrique Galdeano de Olmo, tocar de festa con Luis Arias e todos/as os fieras que nos esperaban aló no galpón no medio do monte 🙂

Moitas gracias ao Concello de Ermua por apoiar durante tantos anos (XVIII) a música folk, a Patxi López técnico de cultura e a Gorka Tagle polo acollemento e presentacións, a Iñigo e todo o equipo técnico de luces e son que fixeron un traballo fantástico, a Antonio Martínez de A.C. Radio Crónica Folk Musical Mérida por dar cobertura e visibilidade ao festival, e a todo o público por acercarse ao concerto, eskerrik asko Ermua!

Traducir/Translate »