Gala Arenteira 2022. Auditorio Manuel María Carballiño, 25/XI

Hoxe venres 25/XI ás 20:30 h TOR estaremos no Auditorio Manuel María do Carballiño colaborando musicalmente xunto co Coro de Cámara Música Viva, na XI Edición do Galardón A Arenteira.

Como en anos anteriores, o obxecto de este acto e facer recoñecemento dos valores de persoas destacadas da comarca do Ribeiro e máis do Carballiño nos ámbitos da cultura, do deporte e a título póstumo, ademáis este ano estrease o galardón destinado a superación.

Este ano os galardoados serán:
CulturaDon Eduardo Bernárdez.
DeporteClube Baloncesto Maside.
PóstumoDona María Teresa Miras Portugal.
SuperaciónDona Jennifer Manzano Montoya.
www.galardonarenteira.gal

O acto será ademáis reproducido en directo por internet por Badal Novas a través da súa Canle de Facebook

https://www.facebook.com/novasbadal/

www.badalnovas.com

Moitas gracias á organización e ao grupo CerBer por contar novamente con nós!

Muiñeiras de Xerardo e Vilaquinte. Airiños da Freba!

Na nosa sección para explicar as fontes musicais do noso repertorio gústanos contrastar os nosos arranxos e interpretacións coas gravacións orixinais ou outras versións dos mesmos temas, para os curiosos que teimen en afondar no estilo do grupo, os nosos referentes e o proceso creativo. Tamén para que quen lle preste tocar algún tema noso, poida diferenciar a nosa pegada persoal e beber da fonte orixinal.

A muiñeira que chamamos de Vilaquinte, no arranxo Argomoso, aprendímola dunha interpretación en acordeón piano por Ramón Fernández, de Vilaquinte (Lugo). Foi gravado na Arxentina en cassette fai para vinte anos polo etnomusicólogo Norberto Pablo Cirio.

Fixemos a nosa particular versión e arranxo que aparece na pista 10 do cd e no vídeo do grupo

Fai pouco escoitamos a versión do mesmo tema, titulada Muiñeira de Gerardo, do repertorio da Orquestra dos Padernes do Caurel, interpretada polo grupo Airiños da Freba, cun son máis parello ao que serían as interpretacións de gaiteiros e formacións máis tradicionais. Este grupo revive o son das orquestras e pequenas bandas lucenses cunha calidade e variedade absolutamente espectacular! Non deixedes de escoitala, que vos preste 🙂

Traducir/Translate »