
Mañá sábado 30 de xullo ás 12:30 h, TOR no parque de Bonaval, en Santiago de Compostela, dentro dos concertos e actividades do TRADFEST!
Mañá sábado 30 de xullo ás 12:30 h, TOR no parque de Bonaval, en Santiago de Compostela, dentro dos concertos e actividades do TRADFEST!
ATENCIÓN: TOR+Convidados en Trives, Festa da Bica, CANCELADO por mor da evolución do covid-19
Este xoves 29 de xullo ás 21 h novo concerto de TOR, esta vez en formato cuarteto, nas terrazas do Centro Comercial Pontevella,
Entrada gratuita, con control de aforo e as habituais medidas COVID-19
O vindeiro sábado 17 de xullo 19:30 h faremos nos xardíns do Pazo de Tor (Monforte de Lemos-Lugo), un concerto moi esperado por nós. TOR+convidados, non volo perdades! 🙂
Cos artistas convidados Pancho Alvarez (violín), Soco Rúa (pandeireta), Lucía Cedrón e David Leadbeater (parella de baile)
Aforo limitado por orde de chegada.
Recomendámosvos se podedes que vaiades pasar alí o día e que concertedes unha visita ao Pazo de Tor, que é unha auténtica marabilla!
16 de XULLO Venres ás 23:00 h en XINZO de Limia (Ourense)
TOR+Convidados! nos circuitos Cultura no Camiño 2021
Onde: Praza Carlos Casares (xunto ao concello)
Atención: Rexistro previo en http://xinzo.gal/r/torfolk
Esperámosvos!