El jurado profesional de los Premios MIN de la Música Independiente está deliberando esta semana qué artistas y bandas pasan a la final, Gala de Entrega de Premios que tendrá lugar el 16 de junio en Burgos.
Se desvelarán los nombres de los finalistas de cada categoría en la Lectura de Nominados, que se celebrará en el CIAVIN de Aranda del Duero (Ciudad Europea del Vino 2021 y 2022), el próximo MARTES 25 de Mayo a las 18:00, con las actuaciones de dani y Paula Mattheus, y el apoyo de D.O. Ribera del Duero.
TOR gracias al apoyo del público estamos nominados semifinalistas en las categorías «Mejor diseño gráfico» y «Mejor album de música de raíz», quedando en este momento entre los 15 mejores albums de música de raíz del Estado español.
En dos días sabremos si pasamos a la final, podréis seguir la emoción de la Lectura en directo desde la nueva plataforma de streaming Musichood en el siguiente enlace!
Mentres no exterior, as referencias estéticas son máis galaicas, castrexas, ao abrir o Digipack, comeza a viaxe e os referentes dispáranse en diversas direccións:
A BANDEXA do CD
Un dos elementos que da nome ao grupo é o Pazo de Tor (como podede ver na entrada sobre o noso nome). Trátase dunha antiga casa fidalga sita na parroquia de San Xoan de Tor, perto de Monforte (Lugo). Dese pazo saíu a zanfoña coa que gravou nos anos 50 o famoso artesán e intérprete Faustino Santalicesos seus discos de pedra. Dentro das moitas marabillas que atesoura no pazo destaca o Labirinto de Tor, que quixemos que tivera presencia dalgún xeito no presente traballo.
Iste labirinto pétreo foi deseñado no s. XVIII por un arquitecto italiano descoñecido e antigamente formaba un xardín decorativo. Podedes visitar virtualmente os espazos do Pazo aquí
En plena pandemia durante o deseño do CD estivemos buscando na rede representacións do labirinto axeitadas, e atopamos a que fixo Suso Barral que nos pareceu formidable para a bandexa, o mundo xirando a redor do centro do Laberinto de Tor…
A GALLETA do CD
Démoslle moitas voltas a este deseño, quixemos que fora algo pétreo, que o Kallaiko de Vitrubio estivera tamén xirando nel. Finalmente optamos por un deseño circular proxectado sobre a pedra formosa do castro de Briteiros (Portugal), datada entre 300 e 100 A.C..
As pedras formosas forman parte da arquitectura monumental nalgúns castros da cultura galaica. Eran grandes lousas de pedra decoradas con diversos motivos e que daban entrada por unha pequena abertura á sauna ou balneario, espazos sagrados destiñados a rituais con auga e lume.
Deste xeito a pedra Formosa do CD, protexida polo Kallaiko de Vitrubio, abre paso a un Outro mundo, o espazo sonoro do proxecto.
Coincidindo cos Premios Min e que optamos ao premio de «Mellor deseño gráfico», plantexámonos facer algunhas entradas sobre o deseño do noso primeiro CD e a orixe dos elementos que atopades nel.
A maior inspiración proven do amigo e deseñador Paco Boluda, que realizou elementos centrais do CD como a portada e o Cronobecho. Recomendámosvos encarecidamente que visitedes o seu traballo en Facebook
A PORTADA
A idea forza dos traballos de Paco Boluda é que a estética kallaika é tan potente e propia que se pode presentar, actualizar, acoplar e misturar con calquer outro estilo de arte que nos imaxinemos (renacentista, Art nouveau, maquinismo, steampunk…). Nese sentido debería ser recuperada e reivindicada como produto estético, cultural e mesmo recurso de deseño .
Na portada do Digipack destaca o Kallaiko de Vitrubio, obra de Paco , na que misturando dúas nocións de arte, combinou unha figura moi coñecida como o home de Vitrubio de Leonardo da Vinci e a súa proporción áurea, c.1492, coas estatuas dos guerreiros galaicos, s. V a III A.C. (aos que tamén se lles aplicou a proporción áurea). Ambas son moi representativas de dúas épocas, unha da Idade de Ferro e outra do Renacemento, mais dous conceptos aparentemente moi diferentes que no fondo únense na esencia.
Para a texturación do fondo da capa, tipo pergameo, empregamos a tapa de coiro de año dun tomo antigo do s. XVII, que temos no Arquivo Castro Vicente.
Portada, contraportada e lomo do Digipack enmarcámolas con motivos xeométricos procedentes dunha lousa de pedra de orixe castrexo que apareceu dada a volta facendo o altar da capela de Formigueiros, Trasalba-Amoeiro, (Ourense).
A tipografía de TOR, marca identificativa do grupo, e do texto “Folk Céltico da Galiza”, extraímola da espectacular lápida fundacional do mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos-Ourense) datada no 573 D.C. (en pleno reinado suevo), que temos no Museo Arqueolóxico de Ourense. Ten ademáis moitas características comúns con tipografías medievais que se teñen espallado no S. XX no imaxinario como arte céltico.
E na contracapa adiantamos xa uns elementos do deseño do Cronobecho que vai no interior.
Somos semifinalistas en MÚSICAS DE RAÍZ! Moitísimas gracias a todas/os os que desfrutades da nosa música e nos apoiastes votándonos na primera fase dos Premios MIN.
Na segunda fase, un xurado profesional decidirá e anunciará o día 25 de maio quen son os finalistas para a ceremonia de premios que terá lugar en Burgos!