Tor en Inquedanzas Sonoras

Na semana que ven, podederemos disfrutar por fin do cd en formato físico, editado baixo o selo de Inquedanzas Sonoras!

Poderédelo mercar nos concertos, encargar nas vosas tendas de música habituais, ou na plataforma de www.inquedanzas.com

E como agasallo nada menos que o póster do Cronobecho, enxeño do Doutor Growia para viaxar a tempos e universos distintos e distantes. Deseño de Paco Boluda, o noso grande inspirador!

Fontes musicais (1) Alboradas

Queremos facer unha serie de entradas no blog sobre as fontes musicais orixinais dos temas que gravamos no noso primeiro disco.

Nos parece interesante amosar como adoitamos traballar sobre os repertorios tradicionais. E como a partir dos materiais, habitualmente melodías sen harmonía, cada grupo ou músico aporta a súa propia visión.

Empezaremos polo tema de «Alboradas» (2º corte do cd), que está composto en primeiro lugar por tres partes tomadas de dúas Alboradas compostas por Rodrigo Alfredo de Santiago. Foi un músico e compositor moi recoñecido de orixe vasco, director da banda de música municipal de Coruña e da coral polifónica «El Eco», e autor entre outros do «Método completo de gaita» (Galaxia, 1964), onde aparecen estas alboradas.

A continuación, fixemos a nosa versión dunha marcha procesional do repertorio de Adelino Pichel, de Sorribas-Forcarei (Pontevedra), que aprendemos dos traballos de campo do gran investigador Juanjo Fernández. El pasóunolas en cintas de cassette nos anos 90, e agora pódese desfrutar gracias ao libro-cd «Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei» escrito polo propio Juanjo Fernández e publicado por Inquedanzas Sonoras. Poremos un pequeno fragmento do cd para que poidades desfrutar do toque orixinal de Adelino Pichel.

Un traballo absolutamente recomendable e que podedes encargar ás vosas tendas habituais ou directamente na tenda online de www.inquedanzas.com

Neste arranxo gravamos unha das primeiras gaitas de Faustino Santalices que recuperamos cara o ano 2003. Trátase dunha gaita en Bb que pertencera ao Coro Os Enxebres da Troya, do barrio da Ponte en Ourense e que Félix mercara unha das primeiras feiras de antigüidades que se fixeron en Ourense os primeiros domingos de mes. Tardamos tempo en ultimar este tema, fáltaballe algo…. E cando decidimos invitar ao amigo Angel Ruiz a gravar o banjo nel, deulle o toque xenial que lle faltaba!

Ínsua dos Poetas

Foi un concerto precioso o que tivemos o pasado 19/7 na Festa da Palabra 2020, Ínsua dos Poetas, Carballiño, acompañados dos nosos queridos amigos/as Angel Ruiz (banjo) Pancho Álvarez (violín), Patricia López (pandeiro e voz), Lucía Cedrón e David Leadbeater (baile), Soco Rúa (pandeireta) e Marcos Saburido (percusión).

Mark Ritchie o noso fotógrafo oficial fixo estas fermosas fotografías do evento. www.markritchiefotografo.com

Tamén cubriu o concerto Badal Novas, e podédelo ver na súa páxina web ou no seu canal de Youtube

Tor na Arca da Noe

Acceso á galería

O 5 de xullo comezamos a xira de verán de TOR na Arca da Noe de Vilar de Santos, nun enclave agarimoso e ben amparados de amigos/as e familia! Todo elo dentro da programación da Rede de Músicas ao Vivo do AGADIC.

Un inmenso pracer, que podemos compartir con vós nesta preciosa escolma de fotografías de Mark Ritchie, o noso fótografo oficial.

Non deixedes de visitar a súa páxina www.markritchiefotografo.com

(Pregámosvos que se alguén precisase alguna fotografía para uso comercial, nolo solicite e vos poñemos en contacto con Mark Ritchie )

Podedes ver tamén a gravación do directo que se emitiu nestoutro enlace

Traducir/Translate »