Pregúntanos moita xente de onde ven o nome do grupo, TOR. A verdade é que primeiro demos en elixir nomes cortos, de poucas letras, aos que estivemos buscando relacións de significado que nos encheran.

Significado 1: 
Este nome conéctanos co Pazo de Tor, sito na parroquia de San Xoan de Tor, Monforte de Lemos, que construíu un cabaleiro da liñaxe dos Garza, aproximadamente no s. XIV. Anterior a el tería existido nun lugar próximo o castelo de Tor.

Tamén está relacionado afectivamente coas nosas teimas musicais, xa que precisamente da familia Taboada-Tor proveu a zanfoña favorita de Faustino Santalices coa que fixo as súas gravacións históricas no ano 1949.
O apelido podería ter a súa orixe na seguinte acepción

Significado 2

TOR: Formación rochosa acastelada. En xeomorfoloxía, denomina tamén un relevo residual por afloramentos de maior dureza, como o granito. O termo foi un préstamo á lingua inglesa dende as linguas celtas e así está 
emparentado co córnico: Tor; Antigo galés : Twr; Gaélico escocés: tòrr, Celta antiguo: TORRa Montículo, outeiro fortificado.

Relacionado tamén pola orixe indoeuropea coa voz latina Turris, e con termos actuais como Torre, trono…

Significado 3

-TOR: Sufixo protoindoeuropeo polo que a partir do verbo creáse o substantivo que nomea a persoa que realiza a acción do verbo.

Derivou en linguas posteriores, Helénica: *-tōr; Grego antigo: -τωρ (-tōr); Indoiranio: *-tā; Indoario: *-tā; Sánscrito: -तृ (-tṛ) ; Itálico: *-tōr; Latín: -tor

E permanece nas linguas europeas actuais como –tor ou –dor (galego: construtor, autor etc)

(Castellano) ________________________________

Nos pregunta mucha gente de dónde viene el nombre del grupo, TOR. Realmente primero elegimos nombres cortos, de pocas letras, a los que después estuvimos buscando relaciones de significado que nos gustaran.

Significado 1:

Este nombre nos conecta con el Pazo de Tor, sito en la parroquia de San Xoan de Tor, Monforte de Lemos, que construyó un caballero del linaje de los Garza, aproximadamente en el s. XIV. Anterior a él se cree que existió en un lugar próximo el castillo de Tor.

También está relacionado afectivamente con nuestros intereses musicales, ya que precisamente de la familia Taboada-Tor provino la zanfona favorita de Faustino Santalices con la que hizo sus gravaciones históricas en el ano 1949.
El apellido podría tener su origen en la siguiente acepción

Significado 2

TOR: Formación rocosa acastillada. En geomorfología, denomina también un relieve residual por afloramientos de mayor dureza, como el granito. El término fue un préstamo a la lengua inglesa desde las lenguas celtas e así está emparentado con el córnico: Tor; Antiguo galés : Twr; Gaélico escocés: tòrr, Celta antiguo: TORRa Montículo, elevación fortificada.

Relacionado también por su origen indoeuropeo con la voz latina Turris, y con términos actuales como Torre, trono…

Significado 3

-TOR: Sufijo protoindoeuropeo por el que a partir del verbo se crea el sustantivo que nombra la persona que realiza la acción del verbo.

Derivó en lenguas posteriores, Helénica: *-tōr; Griego antiguo: -τωρ (-tōr); Indoiranio: *-tā; Indoario: *-tā; Sánscrito: -तृ (-tṛ) ; Itálico: *-tōr; Latín: -tor

Y permanece en las lenguas europeas actuales como –tor ou –dor (gallego: construtor, autor etc)

Categorías: Uncategorized

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *